|
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
|
Exposición: Sobre as nosas cabezas
venres, 25 Outubro, 2024 - 19:00 a venres, 15 Novembro, 2024 - 20:00 O Concello de Burela acolle, na sala de exposicións da Casa da Cultura, esta mostra da fotógrafa e artista Cristina Castro.
A súa inauguración terá lugar este venres, día 25 de outubro, ás 19:00 horas. A partir de aí, poderase visitar a exposición de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Na mostra, Cristina Castro amosa un percorrido que nace en 2005 en Guinea Bisau, conectando as imaxes de mulleres cargando sobre as súas cabezas nese país e en Galicia.
A investigación sobre este fenómeno levou á artista a retratar para esta exposición a mulleres de Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana e India.
O seu obxectivo é abordar temáticas como o non ao maltrato, non ao racismo, si á igualdade, si ao respecto á natureza, si á solidariedade, si ao empoderamento da muller e á sororidade.
+Info: Descargar presentación
+Info: Descargar tríptico
venres, 25 Outubro, 2024 - 19:00 a venres, 15 Novembro, 2024 - 20:00
Made in Galiza
venres, 15 Novembro, 2024 - 21:00 Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da nosa língua. Non imos perdela nin en soños!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da língua galega.
Casa da Cultura de Burela
Venres 15 de novembro de 2024 ás 21:00 horas
Entrada: 4,00 Euros
Público: Adulto
venres, 15 Novembro, 2024 - 21:00
|