Biblioteca Municipal
A B.P.M. de Burela atópase situada nas dependencias da Casa da Cultura e o seu edificio actual está distribuído en dous andares.
A misión da Biblioteca é ser un centro de acceso ao coñecemento, á información e a cultura desde a perspectiva dun servizo público local, un espazo de convivencia, de comunicación e información, un axente de promoción da lectura, un lugar para a aprendizaxe.
Instalacións:
A biblioteca consta de dous andares:
- Andar baixo:
- Buzón exterior de devolucións.
- Servizo de reprografía.
- Información.
- Préstamo e devolucións.
- Sala Infantil – Xuvenil.
- Sala Internet.
- Sala de hemeroteca.
- Comicteca.
- Audiovisuais.
- Obras de ficción adultos (Galego e Castelán)
- Primeiro andar:
- Obras informativas e de consulta.
- Sala Fondos D. Ricardo.
- Arquivo.
Regulamento:
Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:
- Sería aconsellable gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo na sala de consulta e nas outras dependencias.
- Recomendamos silenciar os teléfonos móbiles.
- Debemos repoñer o material que se extravíe ou dane e coidar os fondos da biblioteca, xa que son patrimonio de todos.
- Non podemos sacar da Biblioteca ningún documento sen facer previamente o préstamo ou solicitar permiso.
- Non deberíamos comer nin beber nas instalacións.
- É convinte deixar as mochilas na entrada.
- Debemos respectar ao persoal da Biblioteca e atender as súas indicacións.
- É convinte respectar as instalacións, mobles e material da biblioteca.
- Os menores de 8 anos deberán estar acompañados en todo momento dun adulto.
Horarios e localización:
Horario de inverno:
- Do 1 de setembro ao 30 de xuño
- De luns a venres de 9:00 horas a 13:00 horas.
- De luns a venres de 17:00 horas a 20:00 horas.
- O servizo de información e préstamo cerran 10 minutos antes do peche do edificio.
Horario de verán:
- Do 1 de xullo ao 31 de agosto.
- De luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.
- O servizo de préstamo e información cerran 10 minutos antes do peche do edificio.
Onde estamos?
A B.P.M. de Burela atópase na Rúa Pardo Bazán n.º 6, no edificio da Casa da Cultura.
Teléfono información: 982 58 06 83