BANDO
REGULACIÓN DE REPRODUCCIÓN INCONTROLADA DE ANIMAIS
A ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE BURELA FAI SABER:
A proliferación incontrolada de gatos pode implicar problemas de saúde pública, riscos viais, conflitos veciñais, problemas nas condicións de salubridade do entorno e, sobre todo, situacións de desamparo e sufrimento para os propios animais. Por elo, a identificación microchipada e a esterilización cirúrxica establécense como as ferramentas máis eficaces e éticas para o control pobocional.
A recente entrada en vigor da normativa estatal en materia de benestar animal, Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección e benestar dos animais de compañía, introduce importantes obrigas para os municipios e os cidadáns co obxectivo de evitar a superpoboación e asegurar as condicións hixiénico-sanitarias do noso entorno.
Dende esta entidade, debe pórse en valor e recoñecer o encomiable traballo, dedicación e esforzo diario das persoas voluntarias que fan posible o programa de Control, Esterilización e Retorno (método CER), invertindo tempo e cuidado de cara a mellora na calidade de vida dos animais e convivencia veciñal.
Mais para poder dar solución a esta problemática, o comportamento por parte da veciñanza e a responsabilidade é fundamental. A realidade e que a pesares dos múltiples esforzos, seguen a aparecer novas camadas en colonias xa controladas.
Pois ben, de acordo co establecido no artigo 7, apartado 3, letra d), da normativa autonómica, Lei 4/2017, do 3 de ou tubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, é obrigatorio por parte das persoas propietarias dos animais de compañía obrigación “evitar a reprodución incontrolada dos animais”, cuxo incumprimento supón unha infracción grave tipificada no artigo 39 letra f, o que implica unha multa de 501 a 5.000 €.
Asimesmo, no marco legal estatal, a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais, no artigo 26 letra i) establécese a obriga de “Identificar mediante microchip e proceder á esterilización cirúrxica de tódolos gatos antes dos seis meses de idade...”, e asimismo no artigo 27 letra d) prohíbe mantelos deambulando por espazos públicos sen a supervisión presencial por parte das persoas responsables do seu coidado e comportamento. Cuxos incumprimentos correspóndese cunha infracción leve (artigo 73), supoñendo sancións de 500 a 10.000 €. De igual xeito, tipificase como infracción grave acorde o artigo 74 apartado b) non cumprir as obrigas de identificación do animal o que supón sanción de 10.001 a 50.000€.
O cumprimento é responsabilidade de todos/as, para contribuir co benestar e salubridade da nosa vila.
MARÍA DEL CARMEN LÓPEZ MORENO ALCALDESA – PRESIDENTA do Concello de Burela
Burela, a 25 de xuño de 2026
