ACTIVIDADES EDUCACIÓN AMBIENTAL 2026
CAMIÑO DOS CARDOS
Ruta á praia da Marosa. Coa axuda do material didáctico identificaremos o cardo (cardo corredor mariño). Aprenderemos as súas características e peculiaridades e observaremos outras especies existentes na zona. Nesta actividade crearase un caderno de campo ilustrativo onde figure o reconto, lugar de localización e tamaño dos cardos.

O DOMINÓ DO MAR
Realizarase unha ruta polo paseo marítimo ata a praia do Portelo. As monitoras farán unha pequena explicación sobre as especies que predominan nas nosas costas utilizando carteis explicativos e imaxes coas súas características. Posteriormente xogarase ao xogo do dominó. Comeza a partida o equipo que teña a ficha coa tartaruga dobre.

MICRO-PLÁSTICOS
Ruta á praia do Portelo. Cunha posta en común analizaranse diferentes artigos publicados en prensa sobre os microplásticos e realizarase un cuestionario ao inicio da actividade. Posteriormente mostraremos obxectos curiosos que foron atopados e recollidos nas nosas praias, dos cales teremos que descubrir a súa procedencia e uso. Para finalizar cubrirase o mesmo cuestionario co que comezamos e comprobarase se se adquiriron os coñecementos.

RETO LIXO
Nunha zona de merendeiro da praia a monitora fará unha pequena explicación sobre a importancia de coidar o medio ambiente e as accións que nós podemos achegar. A continuación xogarase a ‘Reto: lixo’, que consiste nun taboleiro con 10 fichas, 32 tarxetas proba e 32 tarxetas enigma. O obxectivo é retirar todo o lixo e obxectos contaminantes da paisaxe para deixala limpa.

SENDEIRO AZUL
Realizarase unha ruta polo Sendeiro Azul do municipio facendo breves paradas explicativas sobre a flora e a fauna existente.

XOGO DA ONDA
Ruta á praiado Portelo para a realización do xogo, que se levará a cabo na zona do merendeiro. Nesta actividade acompañaranos un membro do Burela Surf Club que nos explicará a súa experiencia como surfista e os problemas derivados do lixo no mar.
O xogo ofrece unha forma entretida de aprender sobre o medio mariño e especialmente sobre a contaminación oceánica. Os xogadores terán que ir avanzando polas cuadrículas do taboleiro ata chegar á cuadrícula final, representada pola última onda. Hai unha serie de cuadrículas que farán retroceder ou avanzar se caes nelas.
