Xeorutas de Burela

Un paseo por unha das xoias da xeoloxía de Galicia

Burela representa un lugar de interese xeolóxico a nivel internacional, xa que na nosa contorna atopamos unha ampla variedade de rochas (cuarcitas, granitos, pegmatitas e conglomerados) e estruturas xeolóxicas (pregues e fallas), que nalgúns casos son moi singulares e excepcionais.

E para descubrir estes tesouros xeolóxicos propóñense tres rutas xeolóxicas ao longo do litoral burelés: desde o paseo marítimo da praia da Marosa ata a praia do Cantiño, pasando pola zona do Perdouro, nas inmediacións do porto de Burela, e outra polo Monte Castelo, gozando ademais dunhas excelentes vistas ao mar Cantábrico.

Descargar folleto en PDF

Ir a blog Rutas Xeolóxicas de Galicia

ruta xeolóxica A MAROSA

> Distancia: 7,8 quilómetros (ida e volta)
> Saída: Oficina de Turismo, Porto de Burela
> Dificultade: Baixa
> Prezo: Gratuíta

Nesta xeoruta as rochas graníticas son sen dúbida algunha as protagonistas, un percorrido litoral que permitirá descubrir a orixe das pías, acanaladuras, tafonis, etc. unhas formas moi caprichosas xeneradas co paso dos anos. Do mesmo xeito observaranse as pegmatitas e aplitas, unhas rochas que en ocasións son portadoras de minerais semipreciosos e que mostran un aspecto moi chamativo. Os distintos elementos da costa granítica e a presenza de depósitos recentes completarán a visita.

ruta xeolóxica O PERDOURO

> Distancia: 3,2 quilómetros (ida e volta)
> Saída: Oficina de Turismo, Porto de Burela
> Dificultade: Media
> Prezo: Gratuíta

Esta ruta xeolóxica permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, e orixinadas por mor da Oroxenia Varisca, salientable acontecemento xeolóxico da Era Paleozoica. Así como os fermosos arcos rochosos do Perdouro, a rasa cantábrica, superficie achairada que comeza en Burela e se estende por boa parte do Cantábrico; ou o contacto co granito de San Cibrao na zona de Castrelo.

ruta xeolóxica O CANTIÑO

> Distancia: 6,4 quilómetros (ida e volta)
> Saída: Oficina de Turismo, Porto de Burela
> Dificultade: Baixa
> Prezo: Gratuíta

O paseo xeolóxico que chega ata esta praia burelense caracterízase por amosar inicialmente os materias da denominada Rasa Cantábrica, superficie de erosión continental de máis de 1 millón de anos. Na cal os conglomerados e as areas son as litoloxías máis salientables. Pola súa banda, nas inmediacións do Cantiño obsérvase o proceso de formación de furnas e arcos rochosos, así como a presenza dunha importante falla na veciña praia da Areoura, onde os materiais son totalmente diferentes.

ruta xeolóxica Monte Castelo:

> Distancia: 3,5 km (ida e volta)
> Saída e chegada: Área recreativa Monte Castelo
> Dificultade: Media
> Prezo: Gratuíta

Esta nova "xeoruta" discorre integramente por Monte Castelo, o que permitirá gozar das súas espectaculares vistas panorámicas. Ao longo da visita chegarase ata O Buio, o teito de Burela, para coñecer a orixe destas montañas e da costa Cantábrica. A mina de caolín será outra das protagonistas neste percorrido xeolóxico, e é que este mineral foi no seu momento uno dos pilares económicos máis importantes de Burela.

 

Descargar folleto en PDF

 

Ir a blog Rutas Xeolóxicas de Galicia