XACARANDAINA

ESPECTÁCULOS DE MÚSICA E BAILE 2026

Praza da Mariña de Burela
Domingo 19 de xullo de 2026 ás 20:00 horas

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina realizará unha actuación na Praza da Mariña de Burela o domingo 19 de xullo de 2026 ás 20:00 horas.

Xacarandaina, referente da cultura do noso país, realizará unha mostra de distintos bailes, músicas e traxes de Galicia que forman parte do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.

A punto de cumprir 50 anos, o Grupo é o máximo expoñente dos ideais de conservación, divulgación e dignificación do folclore, do noso Patrimonio, que tan rica fai a Galicia.

Grazas ao programa Danza3, promovido pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a Federación XOC, Xacarandaina levará a Burela unha mostra do folclore de Galicia.