OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA
O Concello de Burela organiza un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina dentro da programación polo 25N
- A actividade terá lugar o sábado 14 de novembro de 2026 na Aula de Familia da Casa da Cultura
- O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 13 de novembro
Dentro da programación de actividades con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, Burela acollerá un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina.
A actividade será o sábado 14 de novembro de 2026 na Aula de Familia da Casa da Cultura e contará con dous grupos: un de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e outro de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. O obradoiro será gratuíto e as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 13 de novembro de 2026 a través do teléfono 982 580 609 ou do correo electrónico cim@burela.org.
Aula de Familia da Casa da Cultura de Burela
> Sábado 14 de novembro de 2026
>> Grupo 1: de 10:00 a 14:00 horas
>> Grupo 2: de 16:00 a 20:00 horas
+Info: Inscricións no teléfono 982 58 06 09 ou no correo electrónico cim@burela.org
