Centro de Formación Ocupacional
O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela iniciou a súa actividade no ano 1996. Conta polo tanto cunha contrastada experiencia e bagaxe profesional no ámbito formativo. Durante a súa traxectoria lévanse impartido un amplio abanico de especialidades formativas de distintas familias profesionais co obxectivo de proporcionar a todo tipo de alumnado, e en especial, a colectivos con dificultades de inserción laboral, as ferramentas necesarias para mellorar á súa formación facilitando desta forma a súa incorporación ao mercado laboral.
Ao longo destes anos impartíronse accións formativas de diversos ámbitos procurando acercarnos ás necesidades e demandas dos distintos sectores económicos. Tratamos de manter un contacto estreito de interacción e colaboración con empresas do Concello e bisbarra, facilitando a inserción laboral do alumnado co realización de prácticas laborais. Queremos ir un pouco más alá da formación específica proporcionando ao noso alumnado unha formación integral con servizos de información, asesoramento e orientación laboral, co fin de que seña máis doado conseguir unha saÍda profesional.
Dentro do catálogo de especialidades impartidas no noso Centro podemos citar a realización de accións formativas dos seguintes ámbitos profesionais:
- Administración e Xestión.
- Comercio e marketing.
- Agraria.
- Actividades físicas e deportivas.
- Electricidade e electrónica.
- Construcción. Edificación e obra civil.
- Fabricación mecánica. Soldadura. Carpintería metálica.
- Hostelería e Turismo
- Instalacións e mantemento.
- Informática e comunicacións.
- Seguridade e medio ambiente.
- Sanidade
- Servicios socioculturais é a comunidade.
O Centro de Formación é tamén sede das distintas Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego que teñen lugar no Concello. As Escuelas Taller e Obradoiros de Emprego son programas públicos de emprego-formación que teñen como obxectivo mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas compaxinando a formación profesional cualificada en alternancia co traballo productivo específico en actividades de interese público e social.
Nas nosas instalacións dispoñemos de varias aulas tanto para a formación teórica como práctica, así como talleres, dotados da infraestructuras e medios materiais e técnicos necesarios para garantir unha completa formación.
Onde estamos?
Avenida Arcadio Pardiñas, 137. Entrechán. 27880. BURELA
Telefono: 982 580 624. Fax: 982 580 924
e-mail: cfo@burela.org
Horario: De luns a venres de 8.00 a 15:00 horas.