Pestanas principais

martes, Febreiro 17 2026

Todo o día
Ximnasia Activa

Ximnasia Activa

luns, 22 Setembro, 2025 - 09:45 a xoves, 28 Maio, 2026 - 11:45

ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Praza de Abastos de Burela

Luns e mércores
Grupo 1
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 2: de 10:45 a 11:45 horas
Grupo 3: de 11:45 a 12:45 horas

Martes e xoves
Grupo 4
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 5: de 10:45 a 11:45 horas

Inscricións na Casa do Concello do martes 9 ao venres 19 de setembro de 2025 de 09:00 a 14:00 horas

luns, 22 Setembro, 2025 - 09:45 a xoves, 28 Maio, 2026 - 11:45
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Entroido Burela 2026

Entroido Burela 2026

venres, 13 Febreiro, 2026 - 09:00 a martes, 17 Febreiro, 2026 - 23:00

Do venres 13 ao mércores 18 de febreiro de 2026

> Desfile o domingo 15 a partir das 17:00 horas desde a Rúa do Ril ata a Praza da Mariña con 4.000 euros en premios e música DJ e chocolatada tralo desfile

# Obradoiros infantís
# Pintacaras
# Xogos
# Música
# Bailes
# Enterro da sardiña

O Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do venres 13 ao mércores18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña.
O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido.
No apartado de premios, establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais, inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.
A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas, convidando “á veciñanza e a todas as persoas que se acheguen a Burela a vivir o Entroido con nós: disfrazarse, encher as rúas e gozar dunha programación pensada para divertirse, bailar e compartir. O Entroido de Burela é festa, participación e moi bo ambiente.”
O Entroido de Burela completarase con actividades como obradoiros infantís, pintacaras, xogos, música, bailes e o enterro da sardiña, dentro das datas previstas entre o 13 e o 18 de febreiro. 

PDF icon +Info: Desfile Entroido Burela 2026
PDF icon +Info: Bases reguladoras da concesión dos premios correspondentes ao desfile de disfraces do entroido Concello de Burela 2026
PDF icon +Info: Bando Entroido 2026

venres, 13 Febreiro, 2026 - 09:00 a martes, 17 Febreiro, 2026 - 23:00