Pestanas principais

domingo, Novembro 30 2025

Todo o día
Ximnasia Activa

Ximnasia Activa

luns, 22 Setembro, 2025 - 09:45 a xoves, 28 Maio, 2026 - 11:45

ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Praza de Abastos de Burela

Luns e mércores
Grupo 1
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 2: de 10:45 a 11:45 horas
Grupo 3: de 11:45 a 12:45 horas

Martes e xoves
Grupo 4
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 5: de 10:45 a 11:45 horas

Inscricións na Casa do Concello do martes 9 ao venres 19 de setembro de 2025 de 09:00 a 14:00 horas

luns, 22 Setembro, 2025 - 09:45 a xoves, 28 Maio, 2026 - 11:45
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
IV Andaina contra a Violencia de Xénero

IV Andaina contra a Violencia de Xénero

domingo, 30 Novembro, 2025 - 11:00

Burela acolle a IV Andaina contra a Violencia de Xénero

O Concello de Burela convoca á cidadanía a participar na IV Andaina contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o domingo 30 de novembro de 2025 ás 11:00 horas. A actividade enmárcase nas accións polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A andaina seguirá unha ruta circular de 8 quilómetros, de baixa dificultade, con saída e chegada na Praza da Mariña, co obxectivo de promover a participación veciñal nun acto “simbólico e colectivo de rexeitamento á violencia de xénero”, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández.

A concelleira destacou que “este tipo de accións son importantes porque visibilizan a unidade social fronte á violencia e recordan que a igualdade constrúese cada día, tamén desde o espazo público”. Engadiu ademais que “a participación cidadá é clave para reforzar a mensaxe de que toda forma de violencia contra as mulleres debe ser erradicada”.

O proxecto conta coa colaboración da Asociación Pasada das Cabras e está financiado con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, coa colaboración da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

domingo, 30 Novembro, 2025 - 11:00