Pestanas principais

venres, Xuño 20 2025

Todo o día
Mostra fotográfica "TAN COMA TI"

Mostra fotográfica "TAN COMA TI"

xoves, 12 Xuño, 2025 - 19:00 a venres, 27 Xuño, 2025 - 20:00

A realidade actual das persoas coa síndrome de Down

Inauguración o xoves 12 ás 19:00 horas

Casa da Cultura de Burela
Sala de exposicións da planta baixa
Do xoves 12 ao venres 27 de xuño de 2025

xoves, 12 Xuño, 2025 - 19:00 a venres, 27 Xuño, 2025 - 20:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Osquestra Conservatorio de Viveiro

Osquestra Conservatorio de Viveiro

venres, 20 Xuño, 2025 - 20:30

Casa da Cultura de Burela

Venres 20 de xuño de 2025 ás 20:30 horas

Burela celebra o fin de curso con con dúas citas musicais para todos os públicos

  • A Orquestra do Conservatorio de Viveiro e A Banda do Verán actuarán esta fin de semana para despedir o curso escolar

O Concello de Burela pecha o curso escolar cunha dobre proposta musical dirixida a todos os públicos. Esta fin de semana a Casa da Cultura e a Praza da Mariña serán o escenario  de dúas actuacións gratuítas que combinan música clásica, pop e repertorio infantil, nunha programación que busca celebrar o final das clases e dar a benvida ao verán.

A primeira cita será o venres 20 de xuño ás 20:30 horas, coa actuación da Orquestra do Conservatorio de Viveiro, integrada por arredor de 35 instrumentistas. A agrupación, dirixida polos profesores Fernando Santiago e Juan Cabalar, está formada por alumnado actual e exalumnado do conservatorio. O concerto incluirá pezas de música clásica, tangos, temas pop e música galega, con participación vocal de Carlota López, Bruno Pedre e Marga Gutiérrez.

A programación continuará o sábado 21 de xuño, ás 19:00 horas, coa actuación de A Banda do Verán, nesta ocasión na Praza da Mariña. En caso de choiva, o concerto trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura. A proposta está dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos e ás súas familias, cun espectáculo participativo que mestura música en directo, danza, clown e teatro.

O espectáculo percorre estilos como o funk, pop, reggae ou bossa nova, interpretados por unha banda de gran nivel. A Banda do Verán é unha das formacións de referencia no ámbito do espectáculo infantil en Galicia, con máis de 300 funcións ás súas costas. O seu traballo foi recoñecido cos Premios Martín Códax da Música e os Premios Frei Martín Sarmiento, e tamén recibiu nomeamentos nos Premios MIN e Ari(t)mar.

“Apostamos por unha programación cultural variada, pensada para que toda a veciñanza poida desfrutar da música en directo. Estes concertos son unha forma de celebrar o fin de curso e dar a benvida ao verán con propostas de calidade e accesibles para todos os públicos”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.

venres, 20 Xuño, 2025 - 20:30