Pestanas principais

venres, Agosto 30 2024

Todo o día
Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024

Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024

sábado, 6 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 7 Setembro, 2024 - 18:00

O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.

Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas.

A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.

sábado, 6 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 7 Setembro, 2024 - 18:00
 
Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024

Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024

luns, 1 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00

O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.

Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de visitas guiadas ó Barco Museo “Reina del Carmen” de martes a domingo ou á “Ruta do Peixe”, que permitirá descubir na Lonxa ABSA a primeira subasta oral automatizada do mundo.

A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” tamén ofrecerá visitas guiadas, así como Conservas Faro de Burela. A visita “Máis alá do mar” invita a descubrir a Burela rural e a Igrexa Vila do Medio.

 

luns, 1 Xullo, 2024 - 10:00 a sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00
 
Exposición: Luces de Alén Mar

Exposición: Luces de Alén Mar

martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 a martes, 10 Setembro, 2024 - 20:00

O Concello de Burela acolle a exposición “Luces de Alén Mar” a partir do martes 20 de agosto na Casa da Cultura

  • A presentación da mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, será ás 20:00 horas do 20 de agosto de 2024

Burela, 14 de agosto de 2024. O Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.

O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.

Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.

"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha veciña de Burela coma Emilia García”, sinala o concelleiro Mario Pillado.

O edil de Educación apunta que, “se ben é certo que Burela xa puido contar coa exposición en 2014, o centenario das Escolas Vellas ben merece que recunquemos, a memoria e a cultura nunca están de máis”.

"Así mesmo, cremos fundamental tomar conciencia do país vinculado á emigración que somos, posto que, contando co gran número de nacionalidades coas que contamos na nosa vila, sempre imos ter unha sensibilidade especial coa migración, sexa no sentido que sexa, porque a súa aportación é fundamental tanto para as sociedades de orixe coma de destino", engade Pillado.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que "a exposición destaca o papel que xogaron os emigrantes na preservación e promoción da cultura galega, contribuíndo ao desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia".

"Burela é unha vila migrante, e o legado daquelas xeracións da inmigración galega a América segue sendo moi influínte hoxe en día", indica a concelleira.

martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 a martes, 10 Setembro, 2024 - 20:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Festa do Verán 2024

Festa do Verán 2024

martes, 27 Agosto, 2024 - 16:30 a venres, 30 Agosto, 2024 - 20:00

DESLIZADORES ACUÁTICOS
ENTRADA GRATUÍTA

Praza do Concello de Burela

Martes 27 de agosto de 16:30 a 20:00 horas
Mércores 28 de agosto de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas
Xoves 29 de agosto de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas
Venres 30 de agosto de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas

martes, 27 Agosto, 2024 - 16:30 a venres, 30 Agosto, 2024 - 20:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Cine na Rúa - Burela 2024

Cine na Rúa - Burela 2024

venres, 30 Agosto, 2024 - 22:30

Venres 30 de agosto de 2024 ás 22:30 horas na Praza da Mariña
CAMPEONES 

venres, 30 Agosto, 2024 - 22:30