Pestanas principais

sábado, Febreiro 3 2024

Todo o día
Exposición: Chicas nuevas 24h

Exposición: Chicas nuevas 24h

xoves, 1 Febreiro, 2024 - 11:00 a xoves, 15 Febreiro, 2024 - 20:00

Un documental de Mabel Lozano
Actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade
Casa da Cultura de Burela
Sala de exposicións
Exposición:
Do 1 ao 15 de febreiro de 2024
De luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas
Proxección do documental:
Xoves 8 de febreiro de 2024 ás 11:30 horas

xoves, 1 Febreiro, 2024 - 11:00 a xoves, 15 Febreiro, 2024 - 20:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Corentena

Corentena

sábado, 3 Febreiro, 2024 - 20:00

PERDOMO E TOURIÑÁN EN DIRECTO
Casa da Cultura de Burela
Sábado 3 de febreiro de 2024 ás 20:00 e ás 22:30 horas
Entradas á venda en corentena.gal

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

sábado, 3 Febreiro, 2024 - 20:00