Burela coa Saúde

venres, 19 Xaneiro, 2024 - 19:00

O Concello de Burela adhírese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional

O próximo venres 19 de xaneiro de 2024, ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá un acto de presentación do proxecto á cidadanía que terá unha duración aproximada dunha hora.

"A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica, dirixidas a promocionar hábitos de vida saudables, previr enfermidades e lesións, actuando de maneira integral sobre factores tales como a actividade física, a alimentación ou o benestar emocional", explica a alcaldesa, Carmela López.

Descargar escaleta do acto