Aprobación Inicial da Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

Neste apartado atópase a documentación en formato non editábel (PDF) correspondente ao período de información pública correspondente á aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela. En caso de desexar a documentación en formato editábel poderá entregar un pen drive ou disco duro externo con unha capacidade mínima de 50 Gb nas oficinas municipais para o seu depósito, neste caso deberá deixar un número de teléfono de contacto dado que previamente á entrega da documentación é necesario comprobar a seguridade informática deste soporte.