A Lola

venres, 31 Outubro, 2025 - 21:00

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.
O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da II República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936).
A súa trama está determinada polo “pasado non ausente”  polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe de estado franquista segue a determinar as vidas e as condutas das novas xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.
David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia  dos  pais  de  Teresa,  familia  comprometida  dende  o  primeiro momento co novo réxime de Franco e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
Na  obra  recréase  o  ambiente,  ideais  e  confrontacións  entre  dúas formas  de  entender  a  sociedade:  os  valores  da  tradición  patriarcal  e escolástica dos golpistas fronte ao proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade. 

Dirección e escenografía: Avelaíña Teatro

Interpretación: Amparo Urtaza, Manolo Ayán, Miguel A. Martín, Xulio Leal, Marisé Pérez, Pilar Pérez e Xosé Álvarez

Música e son: Miguel Martín. Iluminación: Miguel Martín. Soporte informático: Juan Iglesias