Urbanismo
O urbanismo ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e uso do solo, incluido o subsolo e o voo, a súa transformación mediante a urbanización, e a edificación e a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, así como a protección da legalidade urbanística e o réxime sancionador.
QUEN INTEGRA O DEPARTAMENTO?
O equipo está composto por unha Arquitecta Técnica, unha Delineante e unha Administrativa, que traballan tamén en coordinación con Secretaría, Obras e Medio Ambiente.
COMO FUNCIONA?
Ofrece atención presencial, telefónica e por email de xeito individualizado así como a tramitación de todos os expedientes urbanísticos e de obras.
A QUEN ATENDE?
A toda a cidadanía que así o desexe.
QUE SERVIZOS OFRECE?
- Asesoria sobre a realización de obras, a implantación de actividades e reposición da legalidade urbanística.
- Licenzas de obras e/ou actividades
- Comunicacións previas e declaracións responsables de actividades e/ou obras
- Licenzas de primeira ocupación
- Licenzas de parcelación, división ou segregación de terreos
- Licenzas e autorizacións de ocupación do dominio público
- Certificacións urbanísticas
- Certificados de aliñacións e rasantes
- Inspección de obras e/ou actividades
- Reposición da legalidade urbanística
- Ordes de execución e declaración de ruina
- Redacción de proxectos e memorias para obras municipais.
- Dirección de obras municipais.
- Control e supervisión de proxectos de obras municipais
ONDE O PODES ATOPAR?
Na segunda planta da Casa do Concello, na rúa Eijo Garay 20, Burela
COMO PODES ACCEDER?
Solicita cita previa por teléfono 982 58 60 00
ou a través da sede electrónica CITA PREVIA ONLINE