Servizos Sociais
Os servizos sociais son o conxunto de servizos e actuacións orientados a mellorar o benestar social da cidadanía mediante a prestación de información, atención e apoio ás persoas e os colectivos vulnerables.
Os diferentes servizos son un acompañamento a situacións persoais, familiares ou sociais que requiren apoio, mediante unha valoración da situación e a definición dun plan de traballo, e tamén serven de orientación sobre os recursos, as prestacións e os servizos máis adecuados ás necesidades concretas.
O EQUIPO DE TRABALLO do departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela está formado por dúas traballadoras sociais e unha educadora familiar.
Os programas básicos de actuación que se desenvolven na atención primaria son:
1. PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO:
-
Atención ao usuario do servizo
-
Información dos recursos
-
Tramitación de prestacións económicas
-
Tramitación de outro tipo de prestacións
-
Valoración dos casos presentados
-
Reunións cos distintos profesionais dos programas
-
Contacto con outros Servizos Especializados
-
Programación e avaliación dos Servizos Sociais Comunitarios
-
Tramitación para o desenvolvemento da lei de dependencia
-
Colaboración co Departamento de Inmigración/Emigración.
2. PROGRAMA DE FAMILIA E CONVIVENCIA
-
Proxecto de Servizo de Axuda no Fogar
-
Proxecto de Intervención Familiar
-
Xantar na casa
-
Teleasistencia
3. PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL
-
Proxecto de axuda a escolarización
-
Bolsa de Emprego Municipal. RISGA.
-
Xestión do reparto de alimentos excedentes da U.E. en colaboración co banco de alimentos
-
Axudas Emerxencia Social
-
Coordinación co Centro de Información á Muller e Programa para Inmigrantes
-
Colaboración Centro San Aníbal
-
Colaboración con Cáritas
-
Colaboración con Cruz Vermella
4. PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
-
Vacacións Imserso
-
Termalismo Imserso (Xunta de Galicia e Deputación de Lugo)
-
Día do Xubilado
-
Colaboración con distintas asociacións de carácter social (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias, Asociación Axuda O Enfermo Mental A Mariña, Asociación Camiña)
-
Colaboración coa Fundación EU SON
TRAMITACIÓN DE SUBVENCIÓNS
-
Plan concertado de Servizos Sociais
-
Estratexia de Inclusión Social
-
Axuda no Fogar Deputación de Lugo.
Onde estamos?
No departamento de Servizos Sociais do Concello.
Teléfonos: 982 580 616 / 982 586 000
Correo electrónico: ssprimaria@burela.org
SERVIZO DE EDUCACIÓN FAMILIAR
Que é?
Un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das súas funcións e responsabilidades, a participación social e o benestar dos membros que as compoñen.
A quen vai dirixido?
- A todas as familias con especial atención a aquelas que teñen fillos menores a cargo e se atopan en situación de risco social ou vulnerabilidade.
- A centros educativos, centros de saúde e outros servizos comunitarios cos que nos coordinamos para dar unha atención global ás familias coas que intervimos.
Que facemos?
- Orientamos e apoiamos ás familias na educación dos nenos/as, na mellora das relacións familiares, na resolución de conflitos, informamos sobre recursos educativos e de conciliación, etc.
- Realizamos valoración e prevención de situacións de risco ou desprotección dos menores así como derivacións a servizos de atención especializada e aos servizos de protección da infancia.
- Mediamos e acompañamos ás familias para que participen nos diferentes recursos sociais e comunitarios; orientamos en aspectos relacionados coa mellora da situación familiar xeral (vivenda, formación e emprego, lecer e tempo libre).
- Realizamos unha intervención coordinada cos demais servizos municipais e institucións educativas, sanitarias e sociais.
- Realizamos actividades grupais coas familias para tratar temas educativos, de habilidades sociais, hábitos de vida saudables, educación emocional e afectiva, etc.
Protocolo para o bo trato á infancia (descargar en PDF)
Burela candidata a Cidade Amiga da Infancia
Onde estamos?
No departamento de Servizos Sociais do Concello.
Teléfono: 982 586 000
Correo electrónico: educadorafamiliar@burela.org
Máis servizos