Ruta da Lonxa

Visitas guiadas á Lonxa de Burela

Algunha vez asistiches a unha poxa de peixe ou marisco?, oíches cantar a viva voz os prezos?, gustaríache coñecer o seu funcionamento? Cada verán organízanse en Burela os "Roteiros da Lonxa", visitas guiadas gratuítas a unha das lonxas de maior volume de vendas de Galicia, xunto coa da Coruña, Vigo e Ribeira; líder en comercialización de Merluza do Pincho e Bonito do Norte, produtos de máxima calidade capturados con artes de pesca sostibles e respectuosas.

NOTA: Suspendidas por motivos hixiénicos-sanitarios derivados da crise da Covid-19.