PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE BURELA

O Punto Limpo é unha instalación cun equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de características especiais, que non teñen cabida nos diferentes colectores repartidos polo pobo.

LOCALIZACIÓN

Estrada Vilaestrofe, no Camiño Cerrado da Golpa a carón do cemiterio municipal.

HORARIOS

De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
Sábados de 9:00 a 13:00 horas.

RECOLLIDA DOMICILIARIA GRATUÍTA

De luns a venres, previo aviso nos teléfonos:
626 76 31 42 - URBASER
982 58 60 00 - Concello de Burela

O Punto Limpo é unha instalación municipal gratuíta, destinada fundamentalmente ao depósito de determinadas tipoloxías de residuos municipais especiais, depositados pola veciñanza de Burela de forma voluntaria.

A xestión do Punto Limpo realízaa o Concello a través da empresa concesionaria.

Os residuos especiais serán exclusivamente do ámbito domiciliario, non estando permitida a súa utilización para residuos especiais de medianos ou grandes produtores, que deberán xestionar estes residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial toda a referida a residuos perigosos.

O Punto Limpo é de uso exclusivo da veciñanza de Burela, que deberá presentar o seu DNI para poder facer uso do servizo.

En ningún caso no Punto Limpo se entregarán as persoas usuarias xustificantes de entrega de residuos.

RESIDUOS ACEPTADOS - NON PERIGOSOS

Plásticos agrícolas
Madeiras de residuos domiciliarios
Restos metálicos do fogar
Voluminosos : colchóns, mobles…
Roupa
Envases téxtiles: sacos, bolsas…
Chatarra e ferro
Restos de poda
Escombros

RESIDUOS ACEPTADOS - PERIGOSOS

Aceites minerais (motor) e outros aceites e graxas non comestibles
Absorbentes
Disolventes, pinturas e vernices
Envases fitosanitarios
Envases de residuos perigosos
Aerosois e envases metálicos
Pilas, baterías  e outros acumuladores
Radiografías
Tóner e cartuchos de impresoras
CDs e DVDs

RESIDUOS ACEPTADOS - RAEEs

Electrodomésticos
Equipos de informática e telecomunicacións: monitores, TV, teléfonos…
Fluorescentes e lámpadas
Luminarias
Pequenos electrodomésticos

RESIDUOS QUE NON SE PODEN DEPOSITAR

Materia orgánica
Residuos industriais de grandes ou pequenas empresas
Residuos radioactivos
Pneumáticos
Residuos infecciosos

QUE SE FAI CON ESTES RESIDUOS

O Concello de Burela encárgase de transportar estes residuos ata o seu destino final, xa sexa para a súa reciclaxe ou para a súa eliminación.

PUNTO LIMPO MÓBIL

A través do Punto Limpo Móbil  facilítase o depósito separado de certas fraccións de residuos que non poden ser eliminados co resto dos residuos domésticos evitando ter que desprazarnos ao Punto Limpo.

Podemos levar ao Punto Limpo Móbil os seguintes residuos domésticos:

RESIDUOS ACEPTADOS

Baterías
Aparatos eléctricos
Radiografías, CDS e DVDS
Pilas
Tóner, tinta e desbotables
Teléfonos móbiles
Lámpadas fluorescentes
Aceite doméstico
Aerosois
Pinturas e disolventes
Fitosanitarios e herbicidas
Medicamentos
Roupa e textil

O servizo de Punto Limpo Móbil préstase de forma itinerante todos os martes e venres nas seguintes zonas do termo municipal:

LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

1º martes do mes: Rúa do Vilar
2º martes do mes: Rúa do Barridal
3º martes do mes: Rúa da Casilla
4º martes do mes: O Cantiño
5º martes do mes: Praza do Concello
1º venres do mes: Praza do Concello
2º venres do mes: Rúa Vilaestrofe
3º venres do mes: Praza do Concello
4º venres do mes: Praza do Concello

Sen prexuízo do anterior, á vista da evolución que vaia tendo a prestación do devandito servizo, así como das necesidades das persoas usuarias, o Concello de Burela valorará a posibilidade de modificar as zonas e a periodicidade do mesmo.