Protección Civil

Protección Civil no Concello de Burela

En 1997 créase a Agrupación de Voluntarios cun grupo inicial de 20 persoas, que reciben formación básica en materia de primeiros auxilios, incendios urbanos e forestais, accidentes de vehículos e outros específicos.

Trátase dun grupo de persoas voluntarias que, uniformadas de laranxa e con carácter altruísta, participan e colaboran en eventos diversos, tanto dentro do termo municipal como alí onde sexan requiridos:

  • emerxencias,

  • busca de persoas,

  • extinción de incendios,

  • salvamento e socorrismo,

  • inundacións,

  • formación de voluntarios,

  • formación en extinción de incendios en colexios,

  • accidentes de tráfico,

  • colaboración coa Policía local, autonómica e/ou nacional,

  • colaboración coa Garda Civil e outros corpos e forzas de seguridade do Estado,

  • eventos deportivos,

  • actividades culturais,

  • festas e eventos multitudinarios,

  • outras actuacións solicitadas a través do Concello.

 

Pode contactar con nós en:

Tlfno. 982 58 13 13

Emerxencias 112

 

Protección Civil somos todos.

A Protección Civil defínese oficialmente como o sistema polo que cada país proporciona defensa e asistencia ós seus cidadáns ante calquera desastre, co fin de salvagardar as vidas humanas, os bens e o entorno no que viven.

O seu nacemento prodúcese coa aprobación do Protocolo 1 adicional ó Tratado de Xenebra “Protección ás vítimas dos conflitos armados internacionais” (12 de agosto de 1949), no que se indica que “Enténdese por Protección Civil o cumprimento de algunhas ou de todas as tarefas humanitarias que se mencionan a continuación, destinadas a protexer á poboación contra os perigos das hostilidades e das catástrofes e a axudala a recuperarse dos seus efectos inmediatos, así como a facilitar as condicións necesarias para a súa supervivencia.

 

Tarefas dos organismos de Protección Civil:

1. Servizo de alarma,

2. Evacuación,

3. Habilitación y organización de refuxios,

4. Aplicación de medidas de escurecemento,

5. Salvamento,

6. Servizos sanitarios, incluídos los de primeiros auxilios, e asistencia relixiosa;

7. Loita contra incendios;

8. Detección e sinalización de zonas perigosas;

9. Descontaminación e medidas similares de protección;

10. Provisión de aloxamento e abastecementos de emerxencia;

11. Axuda en caso de urxencia para o restablecemento e o mantemento da orde en zonas damnificadas;

12. Medidas de urxencia para o restablecemento dos servizos públicos indispensables;

13. Servizos funerarios de emerxencia;

14. Asistencia para a preservación dos bens esenciais para a supervivencia;

15. Actividades complementarias necesarias para o desempeño de calquera das tarefas mencionadas, incluíndo, entre outras, a planificación e a organización.

16. Captura e combate de animais perigosos.