Ruta da Lonxa

Visitas guiadas á Lonxa de Burela

 Ruta da Lonxa, visitas guiadas á única poxa oral de pescado automatizada do mundo

NOTA: No 2021 suspendidas por motivos hixiénicos-sanitarios derivados da crise da Covid-19.

Algunha vez asistiches a unha poxa de peixe ou marisco?

En Burela mesturamos tradición con modernidade. Nun dos portos máis punteiros de España estrouse en 2021 na lonxa un sistema pioneiro no mundo, que nos converte na única poxa oral de pescado automatizada do planeta.

Gustaríache coñecer o funcionamento deste sistema precursor, singular e novidoso? Cada verán organízanse en Burela as "Rutas da Lonxa", visitas guiadas gratuítas a unha das lonxas de maior volume de vendas de Galicia, xunto coas da Coruña, Vigo e Ribeira; líder en comercialización de Pescada do Pincho e Bonito do Norte, produtos de máxima calidade capturados con artes de pesca sostibles e respectuosas.

Pero Burela non só é pescada e bonito, contando cunha gran variedade de pescados e mariscos galegos. E é que diariamente na nosa Lonxa póxanse máis de cen especies distintas.

 NOTA: Suspendidas por motivos hixiénicos-sanitarios derivados da crise da Covid-19.