"La Princesa del Hielo"

domingo, 27 Decembro, 2026 - 18:00

O MUSICAL TRIBUTO A FROZEN

A Princesa do Xeo chega ao escenario cun espectacular musical tributo inspirado no máxico universo de Frozen, unha aventura para desfrutar en familia chea de emoción, humor e fantasía.
A historia transpórtanos a un reino cuberto polo xeo, onde dúas irmás deberán enfrontarse aos seus propios medos para descubrir que o verdadeiro amor é moito máis forte que calquera poder. No seu camiño vivirán unha gran aventura acompañadas de entrañables personaxes, situacións divertidas e momentos cheos de emoción.
Un espectáculo con voces en directo, coreografías, efectos especiais, vestiario de gran calidade, escenografía de gran formato e vídeo proxeccións sincronizadas, alén de momentos de interacción co público que farán que pequenos e maiores séntanse parte da historia.
Unha experiencia para cantar, emocionarse e deixarse levar pola maxia do xeo. Unha aventura inesquecible para toda a familia.

Casa da Cultura de Burela
> Domingo 27 de decembro de 2026 ás 18:00 horas
> Entradas á venda en entradas.ocioplan.com