Centro de Información ás Mulleres (CIM)
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do concello de Burela é un servizo gratuíto, permanente e personalizado de atención integral ás mulleres que ten como finalidade principal a consecución do principio de igualdade, facilitando a súa participación en todos os ámbitos da vida.
QUEN INTEGRA O CIM?
O equipo do CIM está composto por unha técnica administrativa, unha asesora xurídica e unha psicóloga,que traballan ademais en coordinación co equipo multidisciplinar de servizos sociais.
COMO FUNCIONA?
Ofrece atención presencial e telefónica baseada no anonimato, confidencialidade e respecto á vontade das mulleres.
A QUEN ATENDE?
- Ás mulleres que o demanden, individual ou colectivamente.
- Ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.
- A persoas do colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).
QUE SERVIZOS OFRECE?
- SERVIZOS INDIVIDUALIZADOS:
- Atención psicolóxica.
- Asesoramento xurídico.
- Atención específica ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.
- Información sobre os recursos dispoñibles.
- Orientación formativa e laboral.
- SERVIZOS DIRIXIDOS Á SOCIEDADE EN XERAL:
- Actividades para a promoción da igualdade de xénero.
- Actividades de sensibilización e prevención da violencia de xénero.
- Fomento do movemento asociativo.
- Actividades de conciliación familiar e laboral.
ONDE O PODES ATOPAR?
Na planta baixa da Casa do Concello,na rúa Eijo Garay, n.º 20 de Burela.
COMO PODES ACCEDER?
Solicita cita previa:
https://burela.sedelectronica.es
EN QUE HORARIO?
De 8 a 15 horas, de luns a venres.
Máis información: