O Alcalde

Alcalde Alfredo Llano GarcíaA páxina web do Concello de Burela, a nosa páxina, pretende ser un punto de atención para todas as persoas que precisen información, modelos de documentos, participación ou sinxelamente interesarse polas diversas características e atractivos que ofrece o noso pobo.

Eu quero dar a benvida a todos e a todas que se van a conectar a esta páxina. Queremos servir como unha extensión que se ramifica por todo o mundo. Un escaparate para darnos a coñecer, ter presenza virtual con vocación de acadar a presenza real de moita xente que descubre Burela a través desde medio,

Este ano, cumprimos os nosos primeiros 25 anos de existencia como concello. Somos moi novos, pero estamos avanzando con decisión para ser un referente claro na provincia de Lugo e en Galicia. Contamos con un importante porto pesqueiro, con tradición e grande recoñecemento na esquecería de merluza e bonito, o do norte, pero sen desatender outras especies que no seo conxunto suman mais de cen as que saen á poxa, na nosa lonxa, case a diario. Somos coñecidos tamén, pola nosa maneira de pescar que se fundamenta no respecto ó peixe e o medio ambiente.

Temos unha extensión de 8.1 quilómetros cadrados, non ocupamos moito, pero convivimos uns once mil habitantes, aínda que censados hai sobre 9.700. Interesa indicar que o conxunto da veciñanza está conformada por 42 nacionalidades sendo a mais numerosa e antiga a caboverdiana. Esta característica indica o bo nivel de convivencia e respecto que se comparte en Burela.

Un hospital, dous institutos, dous centros de primaria, dous centros de educación infantil, Capitanía Marítima, Instituto Social da Marina, Portos de Galicia centro de Atención Primaria, residencia de maiores, centros de día e a garantía dos servizos públicos fan que teñamos unha calidade de vida próxima á das cidades.

Queremos que a veciñanza e visitantes gocen dos múltiples areais do noso municipio, da nosa gastronomía de cualidade suprema, do noso diverso comercio e das paisaxes que se ofrecen, como estampas máxicas, dende a atalaia do Monte Castelo.

Presumimos de ter o torques mais importante do mundo, dunha costa de grande interese xeolóxico, de equipos, masculino e feminino de fútbol sala, en primeira división, de unha historia chea de matices e contidos, e dunha cultura profunda e diversa e de unha sociedade aberta e acolledora que facilita que ninguén se senta estraño.

Aquí estamos. Descúbrenos

Unha aperta

Alfredo Llano García