Ramona Órbita - Pakolas

Sábado, 9 Octubre, 2021 - 18:00

Pakolas presenta Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo.

Pakolas, rockeiro  e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.  Neste concerto, Pakolas  guiaranos  coa súa forza  interpretativa e o seu humor  por todo  un universo  musical, a través da súa voz e a guitarra,  nun  espectáculo individual  creado polo propio  autor, onde a interacción e participación coas nenas  e nenos,  a animación,  as súas caracterizacións e a súa música  son o principal  atractivo  para o público.

En Rockeando   con   Ramona   Órbita,   a dona do tempo  contaremos  e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta  cibernética con patacas automáticas, e ademais ten    unha máquina  do tempo, o seu mellor  invento.  Con ela viaxa   ao  futuro  e  ao   pasado   na   procura   de tecnoloxía  para crear un mundo  mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, imos  saltando  a diferentes  épocas. Ramona  viaxa  á  prehistoria   a  comer   churrasco   de  mamut   con  Manolo Cavernario que acaba de descubrir  o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot  que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Moitas personaxes poderedes atopar nos seus librodiscos, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo  moi rockeiro.

En  definitiva    un   espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.

Casa da Cultura de Burela.
Sábado 9 de outubro ás 18:00 horas.