Solapas principales

Viernes, Febrero 25 2022

Todo el dia
Actividades Escolas Deportivas 2021-2022

Actividades Escolas Deportivas 2021-2022

De Lunes, 4 Octubre, 2021 - 15:30 hasta Viernes, 27 Mayo, 2022 - 17:00

ACTIVIDADES ESCOLAS DEPORTIVAS 2021-2022

- PATINAXE LÚDICO
  Pavillón dos Castros
  Luns de 15:30 a 17:30 horas.
- RUTAS EN BICICLETA
  Praza do Concello
  Mércores e Xoves de 15:30 a 17:00 horas.
- TENIS
  Pavillón dos Castros
  Martes de 15:30 a 16:30 horas.

De Lunes, 4 Octubre, 2021 - 15:30 hasta Viernes, 27 Mayo, 2022 - 17:00
 
Exposición: Gromo

Exposición: Gromo

De Viernes, 4 Febrero, 2022 - 19:00 hasta Lunes, 28 Febrero, 2022 - 20:00

Gromo é unha exposición de xilografías a cargo do artista Eloy Hermida.
Inauguración o venres 4 de febreiro ás 19:00 horas.
Do 4 ao 28 de febreiro.
De luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas. 
Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.

GROMO
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que representan a mitoloxía e paisaxes galegas cunha gran carga simbólica.
O noso folclore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas.
Galicia conta cun folclore tan extenso e rico coma as súas terras, pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral.
O obxectivo do GROMO é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente.
Búscase revivir o folclore galego dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.
Autor: Eloy Hermida.

De Viernes, 4 Febrero, 2022 - 19:00 hasta Lunes, 28 Febrero, 2022 - 20:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Búsqueda do Tesouro

Búsqueda do Tesouro

Viernes, 25 Febrero, 2022 - 19:00

BÚSQUEDA DO TESOURO
- Actividade organizada polo Grupo de Participación Adolescente de Concello de Burela.
- Trátase de superar varias probas polo pobo e encontrar o tesouro agochado!
- Venres 25 de Febreiro de 19:00 a 22:00 horas (aproximadamente hora final).
- Iniciarase ás 19:00 horas na Praza de Abastos.

Os requisitos para participar son:
- Grupos máximo de 5 persoas.
- Menores de 12 anos acompañadxs por unha persoa adulta. 
- Ir disfrazadxs.
- Apto para todas as idades

Premios:
Grupo gañador da Búsqueda do Tesouro:
- Comida/cea no Boas Migas (para os e as integrantes do grupo, máximo 17€ por persoa, tendo que ir todos e todas xuntas e nun prazo máximo para usalo de 3 meses).
- Entradas e merchandising do Festival Osa do Mar (para as persoas que integren o grupo, máximo 5)
Grupo mellor disfrazado:
- Entradas para desfrutar dos equipos feminino e masculino do CD Burela FS durante a tempada regular 2021-2022 (para as persoas que integren o grupo, máximo 5 entradas para o feminino e 5 para o masculino).

Inscrición:
-Whatsapp a 676 81 60 90 ou correo a info@branqueasociacioncultural.com
Dende Branque Asociación Cultural e dende o Grupo de Participación Adolescente agradecemos enormemente ao Concello de Burela, CD Burela FS, Boas Migas, Fanto Fantini e Osa do Mar por facer posible esta actividade.

Iniciamos o entroido en Burela da man do Grupo de Participación Adolescente.

Viernes, 25 Febrero, 2022 - 19:00
 
Entroido Burela 2022

Entroido Burela 2022

De Viernes, 25 Febrero, 2022 - 19:00 hasta Miércoles, 2 Marzo, 2022 - 20:00

- Busca do Tesouro - venres 25 de febreiro.
- Desfile de Carnaval - domingo 27 de febreiro.
- Obradoiro de Cociña Infantil - luns 28 de febreiro.
- Día d@ nen@ - martes 1 de marzo.
- Enterro da Sardiña - mércores 2 de marzo.

De Viernes, 25 Febrero, 2022 - 19:00 hasta Miércoles, 2 Marzo, 2022 - 20:00