• Galego
  • Español

O Concello de Burela recibe a Valeria Eijo tras proclamarse campioa de España de futbol sala Sub12

Burela, 25 de maio de 2026. O Concello de Burela recibiu no salón de plenos o día de onte, sábado 24 de maio,  á xogadora de fútbol sala Valeria Eijo tras proclamarse campioa de España coa Selección Galega Sub12, da que ademais é capitana.

No acto participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López, e o presidente do Burela FS, José Luis Sáez, nun recoñecemento que tamén serviu para poñer en valor o traballo de base que realiza o club burelés e a importancia da canteira no deporte local.

Durante a recepción, a alcaldesa destacou non só os éxitos deportivos acadados por Valeria, senón tamén “a súa humildade e a forma tan natural e auténtica de vivir esta experiencia. Que sexa a capitana, non é casualidade”.

Desde o Concello trasladouse tamén o orgullo de toda a vila por ver como deportistas de Burela continúan levando o nome do municipio por todo o país.