• Galego
  • Español

Burela é galardoada con dúas bandeiras e dous centros azuis

  • A Marosa e O Portelo, xunto co Centro de Educación Medioambiental Gaia e o Barco Museo "Reina del Carmen", reciben este distintivo internacional da ADEAC

Burela, 7 de maio de 2026. Burela conta este ano con dúas praias con Bandeira Azul, A Marosa e O Portelo, así como con dous Centros Azuis, o Centro de Educación Medioambiental Gaia e o Barco Museo "Reina del Carmen". Este trátase dun distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente areais de todo o mundo seleccionados en base a criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

As praias A Marosa e O Portelo revalidan así a súa excelencia en aspectos clave como a calidade das augas, a seguridade dos usuarios, a xestión ambiental e a correcta dotación de servizos.

Do mesmo xeito, Burela destaca tamén no ámbito da educación e divulgación ambiental, sendo o único municipio da provincia de Lugo con dous Centros Azuis recoñecidos. O Centro de Educación Medioambiental Gaia e o Barco Museo "Reina del Carmen" reforzan o papel de Burela como espazo activo de aprendizaxe, sensibilización e posta en valor do medio mariño e da súa relación coa historia e a identidade local.