• Galego
  • Español

A CONCELLERÍA DE INMIGRACIÓN E INTEGRACIÓN, A TRAVÉS DO PROGRAMA DE INMIGRANTES, ORGANIZA UNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA DE ALFABETIZACIÓN DE PERSOAS ADULTAS

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas oficiais que se falan en Galicia. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo e comezará o 1 de abril.

Noelia Mª Ben comentou que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando por teléfono ao 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

A concelleira de Inmigración e Integración lembrou que “segue aberto o prazo para a participación nos Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial”.