Solapas principales

Sábado, Noviembre 9 2024

Todo el dia
Taller de ioga

Taller de ioga

De Lunes, 2 Septiembre, 2024 - 12:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 13:00

Taller de ioga gratuíto para pacientes e familiares da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo

O Concello de Burela colabora coa AECC Lugo na organización deste obradoiro, que terá lugar todos os luns de 12:00 a 13:00 horas na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela.

As inscricións poderán ser realizadas no número de teléfono 658 872 196 e no correo electrónico lugo@contraelcancer.es
 

De Lunes, 2 Septiembre, 2024 - 12:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 13:00
 
Actividades deportivas 2024-2025

Actividades deportivas 2024-2025

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 16:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 21:00

Fútbol - SD BURELA - afdportoburela@gmail.com
Baloncesto - CD BURELA - clubbaloncestoburela@gmail.com
Fútbol-Sala - CD BURELA FS - escuelasdeportivas@burelafs.org
Ximnasia Rítmica - XIMNASIA PORTA XI - 690 038 300
Tenis - CLUB PÁDEL TENIS A MAROSA - clubdetenispadelamarosa@outlook.com
Taekwondo - CLUB JANSU VILLALBA - juancadp@gmail.com
Balonmán - CLUB BALONMAN VIVEIRO - viveirobalonman@gmail.com
Patinaxe Artístico - ASOCIACIÓN ESCOLAS DO DEPORTE - 686 105 917
Tenis - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Rutas en Bicicleta - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Patinaxe - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Xadrez - CLUB DE AJEDREZ REYES Y PEONES - juliodam10@hotmail.com

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 16:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 21:00
 
Envellecemento activo 2024-2025

Envellecemento activo 2024-2025

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 10:00 hasta Viernes, 23 Mayo, 2025 - 12:00

XIMNASIA ACTIVA PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Grupo 1:  Luns e mércores de 09:30 a 10:30 horas
Grupo 2:  Luns e mércores de 10:30 a 11:30 horas
Grupo 3:  Luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas
Grupo 4:  Martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas
Grupo 5:  Martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 10:00 hasta Viernes, 23 Mayo, 2025 - 12:00
 
Escolas Deportivas Burela 2024-2025

Escolas Deportivas Burela 2024-2025

De Lunes, 7 Octubre, 2024 - 15:30 hasta Jueves, 22 Mayo, 2025 - 20:00

ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

TENIS: Luns de 15:30 a 16:30 horas no Pavillón dos Castros
Cada nena/o levará a súa raqueta para realizar a actividade
Grupo mínimo de 8 nenas/os

PIMPÓN: Luns de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón dos Castros ou na Casa da Xuventude
Cada nena/o levará a súa raqueta para realizar a actividade

RUTAS EN BICICLETA: Martes e mércores de 15:30 a 17:00 horas na Praza do Concello
Cada nena/o levará o material necesario para realizar a actividade: Bicicleta, casco e auga para beber
Dous grupos por idade e nivel

PATINAXE LÚDICO: Xoves de 15:30 a 16:30 horas e de 16:30 a 17:30 horas
Cada nena/o levará os seus propios patíns. Recomendable principiantes: Coderas e rodilleras
Dous grupos de 15 nenas/os

Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos que naceran entre os anos 2012 e 2018

Prazo de inscrición: Do venres 27 de setembro ao xoves 3 de outubro de 2024

De Lunes, 7 Octubre, 2024 - 15:30 hasta Jueves, 22 Mayo, 2025 - 20:00
 
Exposición: Sobre as nosas cabezas

Exposición: Sobre as nosas cabezas

De Viernes, 25 Octubre, 2024 - 19:00 hasta Viernes, 15 Noviembre, 2024 - 20:00

O Concello de Burela acolle, na sala de exposicións da Casa da Cultura, esta mostra da fotógrafa e artista Cristina Castro.
A súa inauguración terá lugar este venres, día 25 de outubro, ás 19:00 horas. A partir de aí, poderase visitar a exposición de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Na mostra, Cristina Castro amosa un percorrido que nace en 2005 en Guinea Bisau, conectando as imaxes de mulleres cargando sobre as súas cabezas nese país e en Galicia.
A investigación sobre este fenómeno levou á artista a retratar para esta exposición a mulleres de Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana e India.
O seu obxectivo é abordar temáticas como o non ao maltrato, non ao racismo, si á igualdade, si ao respecto á natureza, si á solidariedade, si ao empoderamento da muller e á sororidade.

PDF icon +Info: Descargar presentación
PDF icon +Info: Descargar tríptico

De Viernes, 25 Octubre, 2024 - 19:00 hasta Viernes, 15 Noviembre, 2024 - 20:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Iniciación á banda deseñada

Iniciación á banda deseñada

Sábado, 9 Noviembre, 2024 - 11:30

Creando personaxes de
comic!
Obradoiro con Alberto Guitián 
​Para nenas e nenos de 10 a 14 anos

Casa da Xuventude de Burela
Sábado 9 de novembro de 2024 ás 11:30 horas
Anótate na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Prazas limitadas!!
Por orde de inscrición!!

Sábado, 9 Noviembre, 2024 - 11:30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
IX Festa da Castaña

IX Festa da Castaña

Sábado, 9 Noviembre, 2024 - 17:30

O Concello de Burela celebra este sábado a IX Festa da Castaña na Praza da Mariña

  • A celebración comezará ás 17:30 horas cos xogos de Xogando nas Nubes, e a partir das 18:00 horas será o reparto de castañas, bolos preñados, auga e viño

O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.
A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 horas e contará con numerosas actividades para todos os públicos.
A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.
A partir das 18:00 horas comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza "a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila".

Sábado, 9 Noviembre, 2024 - 17:30