Restrablecida a subministración da auga en Burela
Burela, 27 de xullo de 2026. O Concello de Burela informa de que a avaría rexistrada na rede que transporta a auga dende a potabilizadora de Cervo ata o municipio quedou solucionada, polo que a subminstración de auga recuperouse e o servizo está a funcionar con normalidade. Non obstante, durante as primeiras horas é posible que a auga presente unha lixeira turbidez.
O Concello quixo trasladar o seu agradecemento á empresa concesionaria do servizo, e en especial os seus traballadores o esforzo e rapidez coa que adaptaron a rede de Burela a esta incidencia producida no Concello de Cervo, conseguindo que o servizo seguira funcionando cunha incidencia mínima no servizo.
Así mesmo, o Concello agradeceu a comprensión, colaboración e responsabilidade amosadas pola veciñanza.