• Galego
  • Español

Remataron os traballos de recuperación da fonte do parque de Rosalía de Castro

Burela, 15 de maio de 2023. Concluíron os traballos de recuperación da fonte do parque de Rosalía de Castro.

O alcalde, Alfredo Llano, visitouna xunto aos artistas encargados da realización destas tarefas: “a fonte foi recuperada de forma artística por Belén Mogo e por Martín Lestao. Con esta actuación pasa a formar parte activa da estética do parque”.

O rexedor engadiu: “estamos moi satisfeitos do resultado final destes traballos, que contribuirán a embelecer ese espazo tan concorrido da nosa vila”.