• Galego
  • Español

Presentación da XXXVIII Feira do Bonito de Burela e a XXII Feira Produart, que se celebrarán do 2 ao 4 de agosto

Participaron no acto Carmela López, alcaldesa de Burela; Ramiro Fernández, concelleiro do mar e secretario da fundación Expomar; Pilar García Porto, deputada de Turismo da Deputación de Lugo; Rocío Rivera, presidenta da SCR Ledicia; e Antonio Basanta, representante da Xunta.

A alcaldesa quixo dar as grazas polo seu traballo "ás persoas e ó voluntariado que participa nas feiras, e a todo o tecido asociativo e empresarial que as fai posibles".

López explicou que "a Feira do Bonito nace como un agradecemento ao que supuxo esta industria para a vila, porque, como din os nosos maiores, Burela está feita de costeiras de bonito".

"Serán unhas datas moi importantes e con moito valor para nós", engadiu.