• Galego
  • Español

OS USUARIOS E USUARIAS DA ASOCIACIÓN CAMIÑA CONTINUARON CO SEMÁFORO DA RECICLAXE DA MAN DAS MONITORAS DE GAIA DO CONCELLO DE BURELA.

Burela, 15 de febreiro de 2022. Os usuarios da Asociación Camiña continuaron onte, luns, pola tarde coa actividade O semáforo da Reciclaxe da man das monitoras de Gaia do Concello de Burela, que lembran que “se trata dun semáforo que consta de 3 cores: verde, azul e amarelo, que simulan a cor de cada colector”.

Onte foi a quenda do colector amarelo. As monitoras do Centro Gaia levaron unha cesta chea de envases de plástico, bolsas, envases metálicos e tipo brick, xoguetes de plástico, perchas de plástico, etc…e explicaron qué cousas se deben de depositar no colector amarelo e cales non. Desde Gaia explicaron que “os usuarios posteriormente deberon meter correctamente no colector amarelo os produtos que si van e noutro colector amarelo, pero esta vez co sinal de prohibido, os que non se poden botar nese colector. Un usuario disfrazado de policía vixiaba as actuacións e no caso de que non fosen as adecuadas sacaba esa sinal de prohibido”.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “desta forma sinxela e divertida pretendemos concienciar da importancia de reciclar e facelo de forma correcta”.