• Galego
  • Español

O vindeiro domingo celebrarase a primeira edición do Trail Monte Castelo

  •  As inscricións para participar permanecerán abertas ata o xoves 1 de outubro

Burela, 29 de setembro de 2026. Burela acollerá o vindeiro 4 de outubro a primeira edición do Trail Monte Castelo, unha nova cita deportiva organizada por Move-t en colaboración co Concello de Burela que permitirá gozar da contorna natural a través de dúas modalidades: un trail de 14 quilómetros e 900 metros de desnivel positivo e unha andaina de 10 quilómetros e 350 metros de desnivel positivo.

O Concello de Burela acompaña esta iniciativa deportiva e contribúe ao seu impulso mediante apoio económico e a colaboración de persoal municipal, co obxectivo de apoiar a posta en marcha desta nova actividade no municipio.

+Info: Pincha no enlace para inscribirte