O Pleno de Burela abordará este xoves a Conta Xeral do Orzamento de 2024
- Ademais da Conta Xeral do Orzamento de 2024, durante a sesión tamén se revisará un proceso selectivo municipal
Burela, 28 de xaneiro de 2026. O Concello de Burela celebrará unha sesión ordinaria do Pleno, mañá, xoves 29 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello. A sesión non admite participación a distancia.
Entre os asuntos incluídos na orde do día figura a Conta Xeral do Orzamento correspondente ao exercicio de 2024, que será sometida a votación, así como a revisión de oficio das bases do proceso selectivo para a cobertura temporal de sete postos de profesor ou profesora de música.