• Galego
  • Español

O obradoiro de produción musical de Burela e Nuno de Grande Amore preparan un novo himno da vila

  • A última sesión desta actividade, que tivo lugar na Casa da Xuventude, estivo centrada na creación da nova canción

Burela, 3 de xaneiro de 2026. A rapazada do obradoiro de producción musical de Burela, impartido polo artista burelao Nuno Pico, está a preparar un novo himno para a vila.

O membro da coñecida banda galega Grande Amore está xa a traballar xunto coas rapazas e rapaces participantes no obradoiro na creación da nova canción, que ocupou a última sesión da actividade o pasado día 30 de decembro.

Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Xuventude do Concello de Burela, e desenvólvese periodicamente na Casa da Xuventude do municipio.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude e Educación, Mario Pillado, quixo agradecer a Nuno "a súa disposición para impartir este obradoiro, que permite que xente nova de Burela aprenda produción musical da man dun artista que percorre todos os festivais de Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras".

"Estamos convencidos de que a nova canción que teñen entre mans será un excelente himno para Burela e dará unha marabillosa experiencia á rapazada participante na actividade", engade o edil.