• Galego
  • Español

O MONTE CASTELO CONTARÁ CUN PANEL INFORMATIVO REALIZADO POLOS ARTISTAS LOCAIS BELÉN MOGO E MARTÍN LESTAO.

Burela, 2 de febreiro de 2023. O Monte Castelo contará cun panel informativo realizado polos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “estamos a recuperar un cartel que había na área recreativa do Monte Castelo, que era informativo pero tamén unha expresión artística e foi derrubado por un vehículo que tropezou con el e desfíxoo practicamente na súa totalidade. Entón decidimos recuperalo e vai ser novo, pero tamén artístico e levará información do que se pode atopar no Monte Castelo”.

Llano subliñou que “é un traballo que xa comezou e non vai tardar moito tempo en rematarse. Penso que vai quedar moi ben alí esta obra de arte realizada por dous artistas locais, como son Belén Mogo e Martín Lestao, que xa lle están dando forma. Alí estivemos e penso que en pouco tempo vai estar rematada unha obra bonita e que lle dá singularidade a toda esa zona. Así que esperemos que en pouco tempo poidamos desfrutala”.