• Galego
  • Español

O Concello de facilita en Burela servizos de pasaporte e actualización electoral para a comunidade caboverdiana

Burela, 23 de febreiro de 2026. A presenza en Burela do equipo da Embaixada da República de Cabo Verde durante a fin de semana e a xornada de hoxe permitiu a tramitación de  31 pasaportes, ademais da actualización do censo electoral de cara ás eleccións previstas para este ano.

Dende o Concello ponse en valor que este servizo puidese prestarse directamente na vila, atendendo unha demanda reiterada da comunidade caboverdiana residente en Burela.

A chegada da oficina móbil enmárcase na relación institucional mantida nos últimos anos coas autoridades de Cabo Verde, tras as distintas visitas oficiais á localidade e os contactos mantidos co Goberno. Neses encontros trasladouse a importancia de achegar os servizos administrativos á comunidade residente, evitando desprazamentos e facilitando a realización de trámites esenciais.

O Concello sinala que continuará traballando para reforzar esta colaboración e seguir reclamando recursos que permitan mellorar a atención e a proximidade administrativa para a veciñanza.