O CONCELLO DE BURELA SUMOUSE HOXE Á INICITIVA DA FEGAMP E FEMP SECUNDANDO UN ACTO EN SOLIDARIDADE CO POBO UCRAÍNO.
Burela, 9 de marzo de 2022. O Concello de Burela sumouse hoxe á inicitiva da Fegamp e Femp secundando un acto en solidaridade co pobo ucraíno. Este mediodía tivo lugar unha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas do Concello na que participaron veciños, veciñas, funcionari@s, o alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais, Igualdade e Festexos, Carmela López, Noelia Mª Ben e Toñi Eijo, entre outros.
Deste xeito, o Concello de Burela quixo trasladar "o noso apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína".