O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición das Clases de Bailes de Salón
- As sesións celebraranse os domingos de 19:00 a 20:30 horas e as prazas cubriranse por orde de inscrición na Casa do Concello
Burela, 23 de febreiro de 2026. O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición das Clases de Bailes de Salón, unha proposta dirixida á veciñanza que se desenvolverá os domingos en horario de 19:00 a 20:30 horas.
Trátase dunha iniciativa que, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, está pensada para “fomentar a actividade física, o lecer saudable e a participación social a través do baile”.
A concelleira engadiu que con esta proposta quérese “seguir impulsando actividades que favorezan o encontro entre veciñas e veciños, que promovan hábitos de vida saudables e que, ao mesmo tempo, sexan espazos de diversión e aprendizaxe”.
As persoas interesadas poderán inscribirse e solicitar información na Casa do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Dende o concello enmarcan esta actividade na súa “aposta por ofrecer alternativas de lecer activo que contribúan á dinamización social do municipio”