• Galego
  • Español

O Concello de Burela pon en marcha ‘Burela ao día’, unha nova canle de información municipal vía Whatsapp para os veciños

  • A axenda cultural, as últimas obras da vila, os avisos urxentes e as actividades municipais son algunhas das novidades que se enviarán por mensaxe
  • Para acceder á esta canle de whatsapp, só hai que agregar á axenda de contactos o número 609 827 584 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA

Burela, 3 de outubro de 2023. O Concello de Burela pon en marcha un novo servizo de información municipal vía Whatsapp, ‘Burela ao día’. Así, a veciñanza disporá dunha nova canle de comunicación que lle permitirá estar informada de todo o que ocorre no concello a través do seu móbil e de xeito instantáneo.

Con este novo servizo, os veciños e veciñas poderán coñecer as últimas novidades sobre a actividade municipal, a axenda cultural, obras, avisos urxentes e outras noticias e informacións de interese.

“Con esta nova canle, damos un novo paso para axilizar, dinamizar e garantir unha correcta información aos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa de Burela, Carmela López.

O servizo consiste nunha lista de difusión, non é un grupo no servizo de mensaxería, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados na canle de WhatsApp.

Para acceder a esta canle de whatsapp do Concello de Burela, só hai que agregar á axenda de contactos o número teléfono 609 827 584 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA.