• Galego
  • Español

O Concello de Burela informa das actividades deportivas das escolas municipais e os clubes no curso 2024/2025

Burela, 5 de setembro de 2024. O Concello de Burela fai público o listado de actividades deportivas dispoñibles neste curso 2024/2025 para a cativada e a mocidade do municipio.

Trátase de actividades organizadas polas escolas deportivas municipais e polos diferentes clubes existentes en Burela.

“A práctica do deporte e os hábitos de vida saudables desde idades moi tempranas son unha prioridade de goberno para o Concello de Burela”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.

Entre as modalidades deportivas dispoñibles hai fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia rítmica, tenis, taekwondo, balonmán, patinaxe, patinaxe artística, tenis, rutas en bici, e xadrez.