• Galego
  • Español

O Concello de Burela informa da apertura do prazo para solicitar as axudas para que mozos e mozas saquen os permisos de condución clases B, C e D

Estas axudas da Xunta de Galicia foron publicadas no DOGA do pasado martes día 23. O seu importe é de 400€ para o carné B, 650€ para o carné C e 1.300€ para o carné D.

Os requisitos de idade que se deben cumprir no momento de presentar a solicitude son ter feitos os 18 anos para o permiso B, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos C e D, e non ter feitos os 31 anos.

A rapazada solicitante deberá tamén estar empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano, non estar traballando por conta propia nin allea, e ter aprobados os permisos de conducir para os cales se solicite esta axuda entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

No caso de que a persoa solicitante teña aprobados os carnés obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido terá que presentar é unha autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2024, salvo esgotamento do crédito de 800.000€. Máis info: https://xuventude.xunta.es/component/k2/item/27392-orde-de-axudas-para-o...