• Galego
  • Español

O Concello de Burela felicita a Breixo Llano, veciño do municipio, pola súa candidatura aos Premios Mestre Mateo

Burela, 3 de febreiro de 2026. O Concello de Burela felicita ao burelao Breixo Llano pola súa candidatura na categoría de Mellor Realización polo seu traballo en Cos Pés na Terra nos XXIV Premios Mestre Mateo, que se celebrarán o próximo 21 de marzo en Lugo.

Este recoñecemento, promovido pola Academia Galega do Audiovisual, pon de manifesto o talento e a profesionalidade de Breixo Llano á hora de levar á pantalla historias que achegan cultura e valores á sociedade galega. A súa candidatura é un motivo de orgullo para Burela e evidencia o papel destacado dos nosos veciños no ámbito audiovisual.

Dende o Concello animan á cidadanía a seguir a gala e a apoiar o traballo dos profesionais galegos do audiovisual, destacando especialmente aos talentos locais como Breixo Llano.