• Galego
  • Español

O CONCELLO DE BURELA ENVIOU CARTAS AOS 31 FUTUROS USUARIOS DOS HORTOS URBANOS.

Burela, 11 de marzo de 2022. O Concello de Burela enviou cartas aos 31 futuros usuarios dos hortos urbanos.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “esta carta enviámola aos 31 futuros usuarios e usuarias dos hortos urbanos. En pouco tempo faremos un acto de información e técnicas de cultivo”. E engadiu que “en principio serán parcelas de 30 m2”.

Na comunicación enviada hoxe o rexedor agradece “o interese amosado no plan de actuación ecolóxico de preservación ambiental e valorización de recursos naturais do Concello de Burela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela”.

En poucos días esas 31 persoas recibirán unha invitación para participar nunha reunión, na que se explicará como vai ser a posta en marcha e o funcionamento deste proxecto.