O Concello de Burela dá comezo ao seu curso de batucada na praza de Abastos
- Xa conta con 12 persoas inscritas e aínda hai prazas libres
Burela, 8 de febreiro de 2026. O Concello de Burela dá comezo ao seu curso de batucada na praza de Abastos, con clases semanais os venres de 18:00 a 19:30 horas.
A actividade conta xa con 12 persoas inscritas, pero aínda hai prazas libres, polo que a veciñanza interesada en facer batucada pode aínda anotarse na iniciativa.
As clases están dirixidas a persoas a partir dos 12 anos de idade empadroadas no Concello de Burela, non sendo necesario contar con experiencia previa. Son impartidas por Carlos Méndez de Batucada CadaBatú.
A concelleira Lina Gómez anima á veciñanza "a partircipar deste curso, que ademais inclúe a posibilidade de participar nos desfiles do noso entroido e das nosas festas patronais".