O Concello de Burela convoca un Pleno Extraordinario para a aprobación inicial dos Orzamentos de 2026
Burela, 26 de febreiro de 2026. O Concello de Burela celebrará un Pleno extraordinario o vindeiro 2 de marzo ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello co obxectivo de someter a aprobación inicial os Orzamentos Municipais para o exercicio 2026.
A sesión, de carácter extraordinario, convócase co motivo da “Aprobación do Orzamento na maior brevidade posible”.
O proxecto de orzamento supera os 9 millóns de euros e incorpora a previsión de ingresos e gastos para 2026, a dotación económica vinculada á nova Relación de Postos de Traballo, as partidas destinadas a investimentos municipais e as consignacións para servizos e programas en funcionamento.