O Concello de Burela acollerá a charla do surfista e oceanógrafo Tony Butt ‘Entender o océano’ este sábado 12 de outubro
- Terá lugar no Salón de Conferencias do Concello de Burela, no marco do programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas
Burela, 10 de outubro de 2024. O Concello de Burela acollerá, no Salón de Conferencias, a charla ‘Entender o océano’ do surfista e oceanógrafo Tony Butt.
Esta xornada, enmarcada no programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas, terá lugar este sábado, día 12 de outubro.
Haberá dúas quendas distintas, unha de nivel 2 de 11:00 a 13:00 horas da mañá e outra de nivel 3 de 16:00 a 18:00 horas da tarde. A inscrición na actividade poderá ser realizada na ligazón https://forms.gle/kZ7Yh97JZnPtUX44A
Na charla ‘Entender o océano’, Tony Butt explicará diversas cuestións relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as prediccións meteorolóxicas, de cara á súa aplicación no surf e outras disciplinas.
Ondas limpas é un proxecto promovido conxuntamente polo Concello de Burela e o Burela Surf Club, co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea.